lunes, 14 de abril de 2014

Lugo patrimonial

Clip avance do proxecto Lugo patrimonial 



Título do proxecto
Lugo patrimonial

Modalidade e etapa educativa
Este proxecto está dirixido a alumnado de 1º de ESO aínda que se pode adaptar tanto para primaria como para outro curso de secundaria.
Tamén se pode ampliar a outras áreas.

Perfil do alumnado
Grupo de 25  dun centro da cidade situado nas aforas e no que conviven alumnado de diferentes estilos de aprendizaxe e con problemas de convivencia.

Produto final
Traballo individual no que o alumnado presentará un informe nunha pequena presentación en PowerPoint ou Prezzi sobre a realización do itinerario no que abarcará  os seguintes aspectos: ruta seguida, o aprendido, o que máis gustou, dificultades atopadas, selección de fotos, esquemas, conclusións individuais anotadas no caderno de traballo, etc.
Traballo en grupo: A partir da información recollida e traballada durante o itinerario elaborarán unha labor de síntese final no que elaborarán:
Video, mural dixital cos monumentos e elementos característicos do patrimonio de Lugo con todas as gravaciones e fotografías do recorrido (patrimonio relixioso, edificios civís, patrimonio inmaterial, …).
Elaboración dun decálogo con normas para defensa e contribución á conservación e mellora do noso patrimonio
Gravacións con entrevistas a personaxes da zona.
Elaboración dunha guía turística da cidade de Lugo
Deseño dunha web en ExeLearning, wiki, blog... na que subirán información sobre os aspectos traballados, decálogo, guía , mural dixital, galería de imaxes, videos, álbum fotográfico en Flick e mapa colaborativo en google Maps dos monumentos, edificios repreresentativos...
Traballo individual. Actividade de valoración da saída: resposta a un cuestionario no que reflexe o grao de interese, duración, secuenciación, amenidade, valor como fonte histórica, artística, traballo individual, traballo grupal e propostas de mellora.
Contexto e xustificación do proxecto en relación cas competencias básicas, o currículo e as necesidades e intereses do alumnado

Este proxecto está dirixido a alumnado de ensino secundario aínda que se pode adaptar para o terceiro ciclo de primaria e o tratamento será interdisciplinar intentando integrar todas as áreas e materias.
 Relación entre a secuencia de traballo e as competencias básicas
  • Competencia social e cidadá na medida en que se traballa en grupo, respeto ao equipo, aceptación de responsabilidades, de normas,  valoración do patrimonio e propostas para a súa conservación, recoñecemento e valoración dos achádegos do pasado.
  • Competencia lingüiística nas elaboración de textos, redacción, exposición, interpretación…
  • Competencia cultural e artística na realización de murais dixitais, presentación, guías turísticas
  • Competencia matemática na resolución de problemas da vida cotiá
  • Tratamento da información e competencia dixital na utilización e coñecemento das ferramentas web 2.0, uso de recursos con licenzas CC e citas.
  • Competencia para aprender a aprender na busca de información, selección, organización, clasificación, síntese (esquemas, gráficos, resumos, presentación…)
  • Autonomía e iniciativa persoal na toma de decisión nos traballos individuais e grupais, avaliación e coavaliación cos demais.
  • Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico situando os distintos elementos patrimoniais no plano, mapas (Google Maps, Google Earth) e manexo destas ferramentas.
  • Competencia tratamento da información e competencia dixital ao traballar coas distintas aplicación da web 2.0, busca de información na rede…
 Relación entre a secuencia de traballo e as materias ou áreas de coñecemento

As secuencias de traballo irán relacionadas coas materias e áreas a traballar
Enunciados de problemas matemáticos a resolver relacionados coa temática (matemáticas)
 Imagen de un alumno expone un tema en clase 
de Francisco Javier Pulido, Banco Imaxes INTEF, CC BY-NC-SA

  • Busca e lectura de información en distintos soportes, redacción, exposición oral… nos distintos idiomas (linguas).
  • Realización de murais dixitais (plástica)
  • Cartografía, historia, xeografía (coñecemento do medio natural e social e socias)
  • Decálogo de normas para a conservación (ética, educación para a cidadanía)
  • Manexo das distintas ferramentas  e características de materiais (informática e tecnoloxía)
Secuencia detallada de traballo
  • Preparación das saídas e preparación do proxecto
  • Elaboración dunha ficha na que o alumnado dé resposta a questións nas que nos permita saber o coñecemento que o grupo ten do percorrido a face re completar un tets inicial de autoavaliación de aspectos relevantes do percorrido. (individual)
  • Completar un tets inicial de autoavaliación de aspectos relevantes do percorrido e do coñecemento que teñen sobre a muralla, os edificios relixiosos, civís e demais patrimonio.
  • Traballar co Mapa Topográfico Nacional, escala 1:50.000, identificando o itinerario e as paradas, facendo medicións do itinerario na súa totalidade e dunha parada a outra coa axuda da escala, identificar e Localizar os elementos da paisaxe cos símbolos convencionais, buscar altitudes máximas e mínimas, as maiores pendentes a percorrer, distancias. (individual e por parellas)
  • Facer visitas virtuais con Google Earth (individual ou parelas)
  • Investigación na rede sobre a ruta e o patrimonio artístico-cultural, natural da cidade de Lugo (individual e pequenos grupos)
  • Identificación e localización dos elementos naturais, arqueolóxicos, monumentais, edificios civís, rúas, etc., (individual e pequenos grupos)
  • Traballar a toponimia (individual e pequenos grupos)
  • Elaborar en grupos un esquema para a posterior recollida da información e deseño dunha guía turística da zona: ruta a realizar, busca dun título atractivo, descrición do percorrido e as paradas, o máis bonito, o máis feo, o que aprendemos, selección de debuxos e fotos para ilustrar a guía, posible deseño dun cartel turístico de promoción da zona... (pequenos grupos)
  • Elaborar en grupos un esquema ou caderno de traballo que servirá de modelo para a posterior recollida de información e deseño dunha guía turística da cidade e un cartel turístico. (pequenos grupos)
  • Itinerarios didácticos
  • Saídas didácticas para estudiar o patrimonio da zona recollendo a información no caderno de campo elaborado para cada saída.

Grupo 1:
  • Enumerar e localizar os principais edificios civís e restos históricos de Lugo describindo as súas características principais.
  • Recoñecer os rasgos esenciais do barroco, románico, neoclásico etc a través dos edificios, esculturas, pinturas.
  • Describir a función que desempeñó cada edificio a lo largo de los años.
  • Interpretar mapas, planos, situando cada edificio no seu lugar.
  • Analizar críticamente algunha das problemáticas, enumerando os factores que inciden na súa conservación.
  • Utilizar as ferramentas TIC para a aprendizaxe, deseño e avaliación das aprendizaxes
  • Valorar o patrimonio de Lugo aportando accións para a súa conservación.

Grupo 2:
  • Localizar e situar as rúas do casco vello: Investigar sobre a procedencia do seu nome e nome antigo.
  • Investigar sobre a toponimia, carteis publicitarios.
  • Interpretar mapas, planos, situando cada rúa no seu lugar.
  • Analizar críticamente algunha das problemáticas, enumerando os factores que inciden na súa conservación.
  • Utilizar as ferramentas TIC para a aprendizaxe, deseño e avaliacón das aprendizaxes
  • Valorar o patrimonio aportando accións para a súa conservación.
Grupo 3:
  • Recoller restos do noso patrimonio inmaterial: lendas, literatura oral, ditos, refráns, etc.
  • Investigar sobre o patrimonio natural que posúe Lugo.
  • Utilizar as ferramentas TIC para a aprendizaxe, deseño e avaliacón das aprendizaxes
  • Valorar o patrimonio de Lugo aportando accións para a súa conservación.
Grupo 4:
  • Enumerar e localizar os principais monumentos e restos históricos relixiosos de Lugo describindo as súas características principais.
  • Recoñecer os rasgos esenciais do barroco, románico, neoclásico etc a través dos edificios, esculturas, pinturas de carácter relixioso.
  • Describir a función que desempeñó cada edificio a lo largo de los años.
  • Interpretar mapas, planos, situando cada edificio no seu lugar.
  • Analizar críticamente algunha das problemáticas, enumerando os factores que inciden na súa conservación.
  • Utilizar as ferramentas TIC para a aprendizaxe, deseño e avaliación das aprendizaxes
  • Valorar o patrimonio de Lugo aportando accións para a súa conservación.
*Poderán facer uso de cámaras dixitais, móbiles (segundo as normas de uso establecidas, gravadoras, tablets, etc.)
Traballo na aula
Traballo individual no que o alumnado presentará un informe nunha pequena presentación en, presentación PowerPoint sobre a realización do itinerario no abarcará aspectos: ruta seguida, o aprendido, o que máis gustou, dificultades atopadas, selección de fotos, esquemas, conclusións individuais anotadas no caderno de traballo.
Traballo en grupo: A partir da información recollida e traballada durante o itinerario elaborarán unha labor de síntese final:
Video, mural dixital cos monumentos e elementos característicos do patrimonio de Lugo con todas as gravaciones e fotografías do recorrido.
Estudiantes trabajando en grupo, de F. Javier Pulido. Banco Imaxes INTEF, CC BY-NC-SA
Elaboración dun decálogo con normas para defensa e contribución á conservación e mellora do noso patrimonio
Gravacións con entrevistas a personaxes da zona.
Elaboración dunha guía turística da cidade de Lugo
Deseño dunha web en ExeLearning, wiki, blog... na que subirán información sobre os aspectos traballados, decálogo, guía , mural dixital, galería de imaxes, videos, álbum fotográfico en Flick e mapa colaborativo en google Maps dos monumentos, edificios reperesentativos...
Actividade de valoración da saída: resposta a un cuestionario no que reflexe o grao de interese, duración, secuenciación, amenidade, valor como fonte histórica, artística, traballo individual, traballo grupal e propostas de mellora.

*O proxecto levarase a cabo coa resolución de pequenas tarefas.
Dentro de cada grupo nomearase un portavoz que recollerá a información de todo o grupo. Todo o mundo ten que aportar algo para que o grupo funcione e tamén para que a tarefa, a misión, a investigación se resolva e o posto do portavoz irase rotando mediante un sorteo aleatorio.
Como movementos de entrada incorporarei a visita ao centro dalgunha persoa que viva en Lugo (mellor alguén relacionado familiarmente co alumnado: abós , padres, tíos... Tamén podemos contar con técnicos dos museos, profesorado investigador, guías...) que poda darnos algunha charla sobre acontecementos, sucesos, curiosidades, etc sobre o patrimonio de Lugo.
Como movementos de saída ( faranse visitas, itinerarios didácticos para o seu estudio: busca de información, análise, síntese, recollida de información, traballo in situ, observación, respecto, conocimiento, colaboración, cooperación... Percorrerase a muralla, o casco histórico da cidade e tamén se visitará o novo museo interactivo e o Centro de interpretación da muralla que poseen abundante información para o proxecto
Como movemento dentro da aula traballarase de forma cooperativa.

 Agrupamentos (traballo individual, parellas, pequeno grupo, gran grupo)
Segundo as diferentes actividades  o agrupamento será flexible.
Traballo individual no que o alumnado presentará un informe nunha pequena presentación en, presentación PowerPoint sobre a realización do itinerario no abarcará aspectos: ruta seguida, o aprendido, o que máis gustou, dificultades atopadas, selección de fotos, esquemas, conclusións individuais anotadas no caderno de traballo.
Traballo en grupo: A partir da información recollida e traballada durante o itinerario elaborarán unha labor de síntese final no que
Video, mural dixital cos monumentos e elementos característicos do patrimonio de Lugo con todas as gravaciones e fotografías do recorrido.
Elaboración dun decálogo con normas para defensa e contribución á conservación e mellora do noso patrimonio
Gravacións con entrevistas a personaxes da zona.
Elaboración dunha guía turística da cidade de Lugo
Deseño dunha web en ExeLearning, wiki, blog... na que subirán información sobre os aspectos traballados, decálogo, guía , mural dixital, galería de imaxes, videos, álbum fotográfico en Flick e mapa colaborativo en google Maps dos monumentos, edificios reperesentativos...
Traballo individual: Actividade de valoración da saída: resposta a un cuestionario no que reflexe o grao de interese, duración, secuenciación, amenidade, valor como fonte histórica, artística, traballo individual, traballo grupal e propostas de mellora

 Temporalización
O traballo desenvolverase ao longo dun trimestre podendo prorrogarse dependendo do desenvolvemento.
 Materiais e recursos
Ferramentas e materiais da web 2.0, grabadoras, móviles, cámara dixital,
Usaranse as ferramentas de Google para facer presentacións, redactar textos, crear formularios, gráficas e recollida de datos, wikis, blogs.
Google Earth para facer viaxes virtuais.
Google Maps para facer un mapa colaborativo con subida de información, imaxes, enlaces webs, vídeos do patrimonio artístico monumental de Lugo.
Glogster para facer un mural dixital.
Picasa e Flickr para aloxar imaxes.
Vímeo ou Youtube para aloxar vídeos e visionar outros.
Cmap Tools para facer esquemas e Dipity ou Timerime para liñas de tempo.
Moodle para recoller información e realizar avaliación.
Exelearning para facer unha lección con información textual, vídeos, galería de imaxes, etc.
Prezi para presentacións e Audacity para facer gravacións.
Proxector e encerado dixital para facer as exposicións.

Recursos na rede
:

*A información obtida ten que ter licenza CC e terán que citar fontes, autorías e tipo de licenza. 

 Indicadores de éxito do proxecto

  • Definición de obxectivos,competencias, contidos e actividades a desenv olver ao longo do proxecto
  • Correlación entre estes elementos
  • Consecución dos obxectivos previstos
  • Recursos
  • Análise do desenvolvemento
  • Fases
  • Puntos críticos
  • Producto final acadado
  • Análise do impacto e satisfacción dos participantes
  • Cambios antes e despois
  • Grao de satisfacción
  • Satisfacción do resto do profesorado, familia, axentes externos

Estratexias de avaliación e mecanismos de recollida de datos
Superar dificultades Superar dificultades de F.Javier Pulido,         Superar dificultades de F. J. Pulido,Banco Imaxes do INTEF, CC BY-NC-SA

Superar dificultades de F.Javier Pulido,


Banco Imaxes do INTEF CC BY-NC-SA
  • Análise do proxecto
  • Análise do desenvolvemento
  • Fases
  • Puntos críticos
  • Producto final acadado
  • Análise do impacto e satisfacción dos participantes
  • Cambios antes e despois
  • Grao de satisfacción
  • Satisfacción do resto do profesorado, familia, axentes externos
  • Autoavaliación, heteroavaliación e coavaliación
  • Elaboración de rúbricas
---------------------------------------------------------------
Busco socios o socias
Te atreves a este reto?
Contesta aquí o en Twitter.

2 comentarios:

  1. Hola Marta! Me encantó! Te echaré un cable en lo que pueda, así que cuenta conmigo como socio! Aunque viendo el grado de detallae con el que trabajas será difícil aportar cosas! Felicidades! Un saludo!

    ResponderEliminar